Festivais


Os Guezos, os Labregos do Tempo dos Sputniks e Avante Rock da Galiza porán o punto final a un festival que se estrea en Begonte. Actividades ao longo de todo o día, pensando nos pequenos e mais nos maiores da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario. Será este sábado 21 de xullo desde xa ás 11:30h da mañá con actividades para as e os cativos até ben entrada a madrugada cos concertos. Xunto co Festival da Chaira, que tamén se celebra este sábado 21, alternativa para a fin da semana na Terra Chá.

E xa para rematar co material do A Chorar a Cangas, un par de vídeos da noite. Primeiro o punk-rock de Malas Pulgas:

E a festa rachada do Neto de Manoel e Os Fillos de Quen:

Bastards on Parade en acústico e Darrente a Parede deron calor á sesión vermú do Festival A Chorar a Cangas do pasado sábado 14 de xullo. Aquí tedes un retallo da actuación dos Bastards...

E aquí un pouco de Darrente a Parede:

Sábado 14 de xullo, nunha xornada maratoniana que comezou ás 12 da mañá e rematou máis alá das 3 da madrugada, andamos polo A Chorar a Cangas. O festival-troula-akelarre organizado pola xente de Deskarga Furtiva que por segundo ano encheu a vila do Morrazo de música e festa. Nunha xornada que comezou coa sesión vermú amenizada polos Bastards on Parade e Darrente a Parede. E que continou, despois dun descanso ben merecido, co concerto da noite protagonizado por Malas Pulgas, Falperrys, O Neto de Manoel e os Fillos de Quen e mais Os Zopilotes Txirriaos. Contámosvos un pouquiño do que alí aconteceu...do que nos lembramos!

Aquí tedes unhas fotos dos concertos do venres 6 de xullo no Sons da Lameira 2012. Nese día, O Fiadeiro, Abóbriga, Zurrumalla e Os Cuchufellos pasaron polo escenario instalado no torreiro da festa da parroquia de Matamá, en Vigo. Poallou aos poucos, pero os e as máis valentes non recuaron cara á carpa e seguiron a botarlle os bailes a pé de palco, chovese ou non. De aquí a pouco, subiremos máis material da edición deste ano do Sons da Lameira.


A canción dos Sonoro Maxín, un dos participantes na noite, foi premonitoria. Non quero un paraugas, non quero, eu quero un chuvasqueiro amarelo. Porque co paraugas non hai quen baile e onte en Calo as 2.000 persoas congregadas na primeira xornada do Música na Noite tiñan ganas de bailar. Hoxe ha continuar a festa, coa xornada dedicada á música tradicional, onde destaca a presenza dos Cempés, embarcados na súa xira de retorno, 20 anos despois do seu primeiro concerto aló polo arredado ano 1992.

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.