Festivais


Verbena Galega no Obradoiro GZmúsicaCompostela dedicidiu apostar pola música galega para rematar o 2015. Unha versión "Fin de ano" da Verbena Galega levou máis de cinco horas de música ao vivo até a emblemática praza do Obradoiro. Presentado por Isabel Risco, o espectáculo contou coa participación dos d'Abaixo o Sonoro Maxín e o picadiscos Bigote Mix. Milleiros de persoas, compostelás, mais tamén doutras partes do país e incluso estranxeiras, gozaron co espectáculo até altas horas da madrugada, demostrando que é posible xuntar música de calidade e festa de fin de ano, dous conceptos que adoitan non aparecer unidos. Eis un pequeno resumo feito pola xente de Tingalaranga do que alí houbo.

Aínda resoan nas montañas do Macizo Central os últimos acordes da grande festa que foi A Rebusca de Outono 2015 e xa vos traemos a GZmúsica o impresionante traballo que fixeron Martín Rodas e Isaac Pazos por aló. Tres vídeos que resumen o acontecido venres á noite, sábado á tarde e sábado á noite máis unha crónica dos nosos reporteiros-furgoneteiros preferidos. Que vos preste!

O 4 e 5 de setembro celebrouse en Goián o Minho Reggae Splash 2015. Máis unha vez na vila miñota puidose gozar de dous días de reggae, con bandas internacionais dos estilos que orbitan arredor da música xamaicana máis coñecida, como Irregular Roots, Papa Cruz&Roberto Sánchez, Tucxone All Stars, etc. Alí estivo Lety GF que nos achega agora este resumo en vídeo do que deron de si as dúas xornadas de edición deste ano do Minho Reggae Splash.

 

Pasa o verán e seguen os festivais por todo o país. E aló segue Lety GF coa mochila ao lombo, percorrendo Galiza para vos traer fotos, vídeos e crónicas do que acontece polos escenarios dos festivais alternativos galegos. Eis a crónica da súa visita a Ventosela o pasado 17 de outubro, para o Ventorock 2015, polo que pasaron Síndrome del Norte, The Marveltons, Liviao de Marrao, Eskornakabratua e DJ Niko. que vos preste!

Os reporteiros festivaleiros, aka o Pato e mais o Moby, estiveron hai quince días en Bemposta. Fieis á cita reperkusioná desde os seus comezos en Allariz estes dous veteráns dos festivais achégannos agora a súa crónica e un bo feixe de fotografías do que deu de si a edición deste ano do Réper.

A última fin de semana de agosto a parroquia viguesa de Candeán acolleu a quinta edición do Son das Mámoas. Cun cartaz de moitísima calidade, con Transilvanians, Skandalo GZ, Terbutalina e IgMig, e diversidade de estilos, desde o ska clásico ao punk gástrico. Até alí foi Lety GF, que non perdeu ningunha das cinco edicións do festival, para facer esta completísima crónica.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.