Festivais



Os festivais nacen no país como os cogomelos este verán de chuva. Medran os bos, os regulares e os malos. Os que apostan pola cultura e a música do país, os que lle fan un oco testemuñal e os que refugan todo o que cheire a galego. Si, estes últimos son os que levan os cartos públicos para traeren bandas de fóra e nos que incluso nos permiten o luxo de falarmos galego cos camareiros. Eses mesmos camareiros e camareiras que fan xornadas de escravo a 7 euros a hora, sen parar nin para ir ao baño neses festivais de nomes rimbombantes. Mais non vos queremos falar diso. Non tal. De cando en vez, presta voltar onde comezou todo. Presta volver a Pardiñas.


Este ano GZmúsica decidiu achegarse máis polo norte do país, até algún dos festivais que se montan nas provincias da Coruña e Lugo. Así, recuncamos no Discalz@s ou volvemos a Pardiñas, mais tamén estivemos por vez primeira en sitios como no Festival 27373 de Begonte ou nun novo festival, que se organizaba en Narón por vez primeira: O Gulliver Fest. Festi furgoneteiro e até alí marcharon Martín e Isaac coa súa carrinha.


Antrospinos 2019. Xa nos tocaba ir volvendo por Taragoña, un dos festivais que máis nos presta por localización, escolla de bandas e o moito que o traballan ano tras ano. Desta volta, as dúas xornadas -26 e 27 de xullo- celebráronse en Campo Maneiro, reunindo unha interesante escolma de bandas galegas e foráneas. Velaquí che queda unha pequena crónica e un bo feixe de vídeos cos concertos desta edición do Antrospinos.


Voltamos máis un ano ao Morrasound. Bo ambiente, mellor música e as ganas de sacar un festival adiante da xente da Asociación Sociocultural Fontenla, coas que non poden nin a chuva nin as treboadas. Aquí vos queda un bo feixe de vídeos de Martín Rodas acompañados dunhas letras de S. Murias para vivirdes (ou revivirdes) o que aló se coceu.

Por méritos propios e a base de bo traballo, o OurenRock está a se afianzar como unha interesante proposta no saturadísimo verán festivaleiro galego. A aposta por unha data moi temperá, a presenza nos cartaces das 4 edicións celebradas de bandas consolidadas tanto do panorama galego coma do estatal, o idóneo da localización en Bemposta,... todo suma para armar este gran festival ao que volvemos ir máis unha vez. Crónica de S. Murias e vídeo de Martín Rodas para vos traer un petisquiño do que alí aconteceu.

Entre os pasados 22 e 25 de maio a aldea de Cans, no Porriño, volveu celebrar o seu festival de cinema. 16 edicións xa para unha proposta orixinal, que busca desde o comezo fusionar o rural coa cultura cinematográfica. Máis un ano houbo chimpíns, cans nos balcóns, veciños satisfeitos ao veren actores do panorama galego e estatal na aldea e moitísimo público. E tamén un ano máis GZmúsica estivo aló, na xornada do sábado 25. Eis a nosa visión do XVI Festival de Cans.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.