Festivais


Lety GF e Carlos Gende achegáronse até Narón o pasado sábado 14 de setembro á décimo terceira edición do Festival da Terra e da Língua, organizado pola Fundaçom Artábria. Aquí tedes os vídeos que aló gravaron de dúas das bandas participantes no festival celebrado no paseo marítimo de Xuvia: Sacha na Horta e Colhom de Lola, ao vivo no XIII Festival da Terra e da Língua.



O Festival de San Cidre celebrouse o 13 e 14 de setembro, despois de ser suspendido no verán. Os concertos celébranse no adro da igrexa, en San Pedro, parroquia de Darbo e concello de Cangas, e até alí fomos algúns dos membros morracenses de GZmúsica na noite do venres 13. Pouquiña xente na primeira xornada do festival, -seica sábado houbo máis-, e mal sabor de boca despois do incidente provocado polos Pan de Capazo. Crónica e fotos de Xabicas no interior.

Seguimos achegándovos vídeos do Minho Reggae 2013. Desta volta, e de novo da man de Carlos Gende e Lety GF, deixámosvos os vídeos do obradoiro de percusión de Aperta, que se celebrou pola tarde, e das actuacións de Goymamba e mais do propio Gende co DJ Selectah, Xenderal e Chek Selectah. Esperemos que vos presten!!


A unidade móbil de GZmúsica atreveuse por vez primeira a saír alén das fronteiras da Galiza autoanémica. Pola banda dos Ancares, en pleno Bierzo, celebrouse a comezos de setembro o VibraBalboa 2013 e nós estivemos por aló. Apenas o sábado, mais foinos dabondo para gozar co lugar e co festival, unha proposta alternativa que de certo se ha consolidar no panorama festivaleiro do país. Aquí vos queda o que nos pareceu a xornada, con vídeos da Máquina de Meter Medo, Trópico de Grelos, Martelo e Güintervan.

Un outro festival polo que andamos en setembro foi o Minho Reggae 2013. Este ano, o festival cruzou o río e pasou de Vilanova de Cerveira a Goián. Até alí foron Lety GF e Carlos Gende. Agora achégannos vídeos, -podedes ver os dous primeiros neste artigo-, e un bo feixe de fotos que subiremos de contado. Nestes vídeos, Dandy Fever, formación coruñesa de ska&rocksteady -agora aproados tamén cara ao reggae- e Ukiemana, unha banda de roots reggae brasileira.

A pasada fin de semana estivemos por terras estremeiras. Fomos até Valboa, na parte berciana dos Ancares, á segunda edición do Vibra Balboa. Fantástico lugar e festival marabilloso. Moitas actividades de balde ao longo do día, escenarios impresionantes (Molín de Agüita, Palloza de Chis, etc) e un ambiente perfecto para pasar unha fin de semana festivaleira.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.