Festivais


Atopamos na rede esta fantástica reportaxe feita por Vince Ou Ieah sobre o festival organizado polo Colectivo Berra! no Val Miñor a finais de decembro.

A pasada fin de semana, a quinta edición do Festival Furtivo achegou até Cangas unha boa posta de música do país. A parte musical do Furtivo abriuse venres cos Skarallaos, para seguir sábado con Ludovaina, Os 3 Trebóns, Terbutalina e Skarnivals. O ramo púxoo o Cé Orquestra Pantasma, nunha sesión vermú divertida tanto para as crianzas coma para os que aínda non foran durmir. Todo a prol de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama do Morrazo, que recibiu xa de Deskarga Furtiva, -asociación organizadora do Furtivo-, o importe íntegro das 460 entradas vendidas na xornada do sábado, único día en que as actuacións foron de pago.


Nas ladeiras da Cabeza Grande, na Terra de Trives, dinlle "andar á rebusca" á recolleita das derradeiras castañas do outono. Hai xa catro anos, a Asociación A Rebusca decidiu convidar a xente toda do país a andar á rebusca de castañas, festa e paixón no festival que leva até ao Macizo Central o mellor da música do país. Este ano por vez primeira en versión duplicada, despois da Rebusca en xuño, agora gozamos coa Rebusca de outono.

Hai 15 días estivemos por Chantada. Toda a familia GZmúsica desprazouse até a vila que é berce do bravú para gozar con outra edición do Castañazo. Xa sabedes que subimos hai días vídeos, fotos e entrevistas, mais quedáranos atrás a crónica da nosa reporteira máis intrépida. Non é a única crónica que ides atopar pola rede, haivos outras ben interesantes como a de Arbolícia, mais esta é a nosa.

Aló os foron. Reporteir@s Festivaleir@s no Castañazo. No cerne da festa, incluso sobrevoándoa. Xa sabes...ti dálles un móbil que grave ben e eles fan maghas!!

Morría setembro cando Manselle armou a súa festa grande. O Festivalo, -construído, como o valo do que colle o nome, co traballo común da veciñanza-, chegaba á súa segunda edición cun cartaz ben xeitoso: Os Carapaus, Sechu e os Invisibles, Medomedá e Sacha na Horta configuraban a proposta de música do país da que gozamos malia as trabadelas do primeiro viruxe do outono.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.