GZmúsica TV - Temporada 6

O décimoterceiro programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en abril de 2021.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste novo programa deste tempada de GZmúsicaTV, Patty Castro, de MGK, fala cos Nuada, que lle contan a que andan nestes tempos de pandemia. Tamén fomos até o oasis da sala Rebullón, para falar e ver ás Efémeras. Cousa bonita. 

O décimo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en abril de 2021.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

O duodécimo programa deste tempada de GZmúsicaTV é un monográfico dedicado ao grupo Dakidarría. Facemos un repaso pola súa traxectoria, coñecemos o seu novo estudio de gravación e falamos de como están a lidar con este ano e mais as novidades que nos teñen preparadas.

O décimo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en xaneiro de 2021.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

No décimo programa deste tempada de GZmúsicaTV, Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras, fai un repaso da traxectoria dos Ith, que nos presentan o seu novo disco, "Frear o momento". Achegámonos tamén até Valadares para coñecer as novas fusións da música tradicional con Oîma e Fransy, Davide e Cibrán.

O décimo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en xaneiro de 2021.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

O décimo programa deste tempada 20/21 de GZmúsicaTV foi gravado na Sala Rebullón de Mos. Alí deron un concerto Los Jinetes del Trópico. Tamén a nosa compañeira Patty Castro de Mulleres Galegas Kañeras (MGK) falou con MJ Pérez.

Traémosvos tamén o último videoclip de Ruxe Ruxe.

O oitavo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado no Culturgal 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

O oitavo programa deste tempada 20/21 de GZmúsicaTV foi gravado en Pontevedra, na edición -confinada- do Culturgal 2020. Falamos con Berlai e Susana Seivane.

O sétimo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado no verán de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

O sétimo programa deste tempada 20/21 de GZmúsicaTV foi gravado en Sigüeiro e mais en Ponteareas. Até a vila troiteira fomos facerlle un picnic coa Familia Caamagno e até a vila do Tea fomos coñecer as novidades das Flow do Toxo.

Traémosvos tamén os últimos videoclips de Flow do Toxo e Fondo Norte.

O sexto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xullo de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste sexto programa da nova andaina de GZmúsicaTV saímos da aldea para nos achegar á veciña vila de Bueu. Aló o Lavesedo falou cos integrantes de SondaRúa, que daban o seu primeiro concerto post-confinamento. Ademais, a nosa compañeira Patty Castro de Mulleres Galegas Kañeras (MGK) "entrou" na casa de Guadi Galego para falar un bocado con ela.

Traémosvos tamén o último videoclip Tiam GZ.

O quinto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xullo de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste quinto programa da nova andaina de GZmúsicaTV: fomos até Pontevedra para ser testemuñas do primeiro concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. O músico da Coruña e a súa banda presentaron o seu novo disco, "As Catedrais Silencias", na cidade do Lérez. Fómoslle á presentación e posteriormente Lety GF falou con el despois por videoconferencia sobre un feixe de cousas.

Ademais, traémosvos o último videoclip dos Guezos.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.