GZmúsica TV - Temporada 1

O Episodio 7 de GZmúsica TV emitiuse o venres 26 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse do novo traballo de Linho do Cuco, entrevistamos a Ludovaina e enterámonos un pouquiño do que é o Minho Reggae Splash Festival. Ollamos tamén un vídeo dos Diplomáticos de Monte Alto no Castañazo 2012, por cortesía de Dubideos.

O Episodio Especial Festa 1º Aniversario de GZmúsica.com emitiuse o venres 19 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, podes ver os concertos íntegros que Zënzar e O Sonoro Maxín deron no Salasón de Cangas o día 13 de abril co gallo da Festa 1º Aniversario desta web. Ademais, as entrevistas que as dúas bandas nos concederon ao remataren as súas respectivas actuacións.

O Episodio Especial FAP 2012 de GZmúsica TV emitiuse o venres 12 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, fixemos un percorrido polos concertos do Festival AntrosPinos 2012. Ao longo de 2 días, bandas coma Os Cempés, Bastards on Parade ou Quempallou, e outras foráneas coma Bohemian Betyars ou Kumpania Algazarra pasaron polo escenario. Aquí tedes un resumo cunha hora de música e entrevistas ás bandas.

O Episodio Especial Barco da Chuvia de GZmúsica TV emitiuse o venres 05 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, embarcamos abordo do Barco da Chuvia para asistir á presentación do último traballo da Compañía do Ruído, Pensares Galegos. Alén de falar, -e bailar-, con eles, tamén tivemos tempo de entrevistar O Leo e de botarlle unha peciña co Cé Orquestra Pantasma.

O Episodio 3 de GZmúsica TV emitiuse o venres 29 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da folkoteca galega, ollamos como foi o concerto de presentación do Tributo aos Zënzar e entrevistamos a dúas integrantes de Sacha na Horta. Ollamos tamén un vídeo d@s propi@s Sacha na Horta, Busco amante galego-falante e outro dos Ruxe Ruxe, Rock do país.



O Episodio 2 de GZmúsica TV emitiuse o venres 22 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da Caravana de Emerxencias, con entrevista a parte dos Chotokoeu e Skarnivals, tratamos o novo disco dos Heredeiros da Crus e do Festival Reperkusión 2013. Ollamos tamén un vídeo dos Guezos e outro de Medomedá e Deví.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.