O Teatro Principal de Compostela acolleu onte xoves 23 de febreiro a presentación do documentario Apocalipse NAO II. A banda da Estrada íspese nel para nos mostrar o seu perfil persoal, a outra cara dos Nao cando non están enriba do escenario ademais de permitirnos albiscar como foi o proceso de gravación de Soñar e Crear nos estudios Gárate de Andoain con Kaki Arkarazo. O vídeo xa está dispoñíbel na rede.

Docencia, skates, medicina...música. Adentrámonos na vida dos integrantes de Nao da man deste espléndido documental, moi persoal, que nos descobre a faciana oculta dos membros de Nao e da súa gran familia. 

{fcomments}