GZmúsica TV - 1ª Temporada
Hoxe, arredor das doce da noite, en streaming en GZmusica.com e na TDT en Vía TV, chega o décimo Episodio de GZmúsica TV. Desta volta, a nosa equipa televisiva desprazouse até Bemposta para asistir ao Reperkusión 2013. Teredes ocasión de ver algunha das intervencións de bandas galegas no Reper e de escoitar as impresións de Moncho dos Skarallaos, dos Guezos, Lydia Botana ou Xosé Manuel Pereiro. Tamén, de coñecerdes que cousa é o Biofestival. E se o ano pasado atrevémonos cunha entrevista bosníaco-galega, no 2013 falamos en bretón.
1 de abril, cando van os burros onde non deben ir. GZmúsica cumpriu 1 ano na rede. E para celebrármolo, e de paso acadar algo de financiamento para o noso proxecto, presentámosvos a 1ª edición das camisolas GZmúsica. Grazas á colaboración da xente de Caramuxo podemos ofrecervos este espectacular deseño para serdes os máis modernos do torreiro da festa!
Os medios de comunicación en galego lanzaron unha campaña de apoio para incidir na necesidade de vitaminas para o galego. O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre eses apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, utilizan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do noroeste da Península Ibérica. Agora, -e sen tempo non era :P-, tamén GZmúsica se suma a esta iniciativa.
Somos unha nova web dedicada á música galega e pretendemos achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica.
Es d@s que andas de concerto en concerto seguindo os grupos do país? Tes unha banda e non sae no noso cartafol? COLABORA!! Ponte en contacto connosco e dinos que é o que botas en falta en GZmúsica e ti poderías facer.
Se tes un grupo, contáctanos para actualizar e/ou subir a túa info ao noso cartafol.
Cristina Pato![]() Categoría: Folk |
Voces Ceibes![]() Categoría: Tradicional |
Britonia![]() Categoría: Folk |
Collón de Lola![]() Categoría: Rock |
Pallamallada![]() Categoría: Tradicional |
Os Rosales![]() Categoría: Tradicional |
Sergio Tannus Trio![]() Categoría: World Music/Fusión |
Xarín![]() Categoría: Tradicional |
Fluzo![]() Categoría: Hip Hop |
Mortos En Vida![]() Categoría: Metal |
O Leo i Arremecághona![]() Categoría: Punk |
Rebeliom do Inframundo![]() Categoría: Hip Hop |
![]()
Somos unha nova web dedicada á música galega e pretendemos achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica.
Se tes algún problema podes contactar connosco.