332
Publicado o 2020-02-28

29 febreiro de 2020

Mulleres Galegas Kañeras é un proxecto capitaneado por Patty Castro (John Deeres, Nao, ...) que busca visibilizar a presenza feminina na música galega, nomeadamente en estilos como o rock, o punk ou o metal onde non son tan numerosas como no mundo folk e tradicional. O proxecto leva xa máis de 5 anos a funcionar, desde que sacara un crowfounding para gravar 2 temas orixinais con 30 mulleres do mundo musical galego. E nos últimos tempos ten traballado moitoi ao carón doutros proxectos como o Músicas Galegas Ilustradas de Laura Romero. Agora nós estreamos colaboración con elas, as kañeiras e ilustradas mulleres que seguen a pular por destacar a presenza e as vivenzas das mulleres na música do país. Ao longo dos vindeiros meses iremos entrevistando moitas destas mulleres galegas kañeiras para saber das súas experiencias no mundo da música. Da man da sabedoría de Patty e as ilustracións de Laura coñeceremos máis delas. E a primeira é Paulinha, a cantautora cambadesa que apresenta novo disco mañá, domingo 1 de marzo de 2020, na súa vila natal.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.