Anxo Lorenzo Trío
Anxo Lorenzo Trío, ou o que é o mesmo, o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, o violinista irlandés Eoghan Neff e o portugués Luís Peixoto, bouzuki, trío de música folk, cun só disco no mercado, no que colaboran nomes como Xosé Liz, Begoña Riobó ou Álvaro Iglesias. Este traballo, Tirán, (Zouma Records, 2010). Seguindo a liña xa explorada na súa anterior formación, Spiritu 986, de mestizaxe e fusión da música tradicional coa electrónica, a música hindú ou o pop, o certo é que Lorenzo atopou os ingredientes precisos para manexar con mestría estilos diverxentes e ofrecer un son apegado á tradición mais que sorprende na exploración desoutros universos musicais. O grupo recibiu no 2012 o Eisernen Eversteiner, premio outorgado ao mellor grupo folk con voto do público no Plauen Folkherbst Festival, o evento senlleiro da música folk en Alemaña.