Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock

Buscar no Cartafol:

Rock


Entradas RSS

Astarot

Astarot

Grupo de rock de Cangas, que despois dunha longa traxectoria no mundo do heavy, encamiñou ...
Ler Máis...

Balakandra

Balakandra

Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus ...
Ler Máis...

Banda Potemkin

Banda Potemkin

Banda Potemkin foi unha banda de mestizaxe formada na Coruña por antigos membros de formacións coma os Papaqueixos, Miki Nervio & The Bluesmakers ou Meninhos da Rúa. Tiveron certo suceso nos festivais galegos da primeira década do século XXI, cunha ...
Ler Máis...

Chícharo Psicótico

Chícharo Psicótico

Rock psicótico desde Ordes, con dúas etapas, unha inicial ...
Ler Máis...

Cuchufellos

Cuchufellos

Banda de speed-folk, -como eles mesmos gustan de denomina ...
Ler Máis...

Ergom

Ergom

Banda ourensá nada no 2002 pero que non publicou o seu primeiro LP até o 2010, Fronkiria, gravado nos estudios Mafia Records do Carballiño e autoeditado pola banda. A súa é música de ...
Ler Máis...

Fame neghra

Fame neghra

A comezos dos 90, Compostela viviu unha eclosión de bandas de hardcore, con grupos como Mol, Dirty barriguitas, Irmandiños ou o ...
Ler Máis...

Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus

Banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90, a súa estrea foi na festa da Dorna de Ribeira do 1992, que logo colleitou un grande suceso, xa desde o lanzamento do seu primeiro disco, < ...
Ler Máis...

Lamatumbá

Lamatumbá

Banda ourensá formada contra o cambio de milenio pola que teñen pasado varias ducias de músicos. De feito, parte da formación orixinal da banda forma parte hoxe en día dos Sonoro Maxín e aínda nos seus dous últimos anos tiveron outra media ducia de cam ...
Ler Máis...

Loretta Martin

Loretta Martin

Dende un bar de Compostela até unha praia de Laxe, dende os Beatles ao funk, -pasando por Nirvana e facendo unha boa parada na música brasileira-, non se pode saber se a doce Loretta Martin ...
Ler Máis...

Narf

Narf

NARF, alter ego de Fran Pérez, foi un rockeiro e cantautor compostelán de longa andaina no universo cultural galego. O músico xa roldaba a noite santiaguesa nos oitenta con Nicho Varullo e o ...
Ler Máis...

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto