Home Cartafol Rock Esquíos

Esquíos Featured

A carreira do grupo comezou o 31 de decembro de 2005, data en que se xuntaron na antiga escola da parroquia de Matalobos da Estrada Jorge Rodríguez (guitarra), Jorge Iglesias (Batería), Pedro Dono (baixo) e Fidel Castro (voz), coa intención de facer música baixo a denominación de Skyo. En pouco tempo mudou en Esquíos, retomando o concepto orixinal ideado por Loli Ríos Valiñas.

Esta formación mantense estable desde o comezo agás pola substitución do cantante do primeiro disco, Fidel Castro, por Miguel Castro.

Con ela gravan os primeiros discos, que teñen boa acollida en medios estatais do eido rock e soan decote no AbertoxReformas da Radio Galega.

Tras o tráxico falecemento de Miguel Castro no 2013, entra na voz Adrián Gañete. Tamén na altura o baixo pasa a Alex Cabal e entra na segunda guitarra Manolo Rodríguez. Pode que por comezar cun cantante con ese nome, -Fidel Castro- os Esquíos semellaban abocados á música contestaria, e así remataron, -tras os experimentos iniciais co hardcore e a psicodelia-, cunhas letras que afondan na crítica social non exenta de ironía, sobre unha base musical que sen virtuosismos abala entre o punk, o rock e o garage. Alén da súa vizosa carreira discográfica, os Esquíos teñen tocado arreo pola xeografía galega, ofrecendo un directo que demostra que a banda está nisto para se divertir.

DISCOGRAFÍA

- Un tipo normal (2007)

- Éche o que hai! (2009)

- Galiza carraxe on garaxe (Maio 2010)

- Agora si!!...despois igual non (ímolo vendo) (Xaneiro 2011)

- Porcocan (Maio 2013)

- Estamos aquí (Maio 2014)

- A diana somos tod@s (Maio 2015)

- 10 anos pintando a mona (Decembro 2015)

- Nunca choveu que non escampara (Marzo 2017)


Esquíos no 2017. Foto Olalla Cado

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA (Marzo 2017)


10 ANOS PINTANDO A MONA (Decembro 2015)

A DIANA SOMOS TOD@S (Maio 2015)


Escoita máis discos da banda no bandcamp dos Esquíos


Accede á zona de descarga de Esquíos



Novas Relacionadas:
Images (3)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto