Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Cuchufellos

Buscar no Cartafol:

Cuchufellos

Teléfono
659233004
Video

Banda de speed-folk, -como eles mesmos gustan de denominar ao seu estilo-, banda multicultural, con influencias musicais moi diversas, como o é a orixe dos seus membros, o que lle imprime un cuño novo á súa música, onde ten cabida dende a música tradicional galega até a balcánica, cunha salientábel presenza e protagonismo dos instrumentos de vento na súa formación, o que achega o seu son ás veces ao das charangas e ao de formacións da caste da
Festicultores Troupe. Malia as orixes diversas, o centro neurálxico desta banda é Maceda de Trives, de onde proveñen varios dos seus membros:, Andrés, gaita, Marcos e Fenoy na batería e percusións, e Davide na guitarra eléctrica, aos que se engaden músicos chegados doutras latitudes, coma os galegos Rubén, trompeta, Marcos Neira, saxofón, Telú, voz, e mais o polaco Darek no baixo e o alemán Mathias no laúde eléctrico, para remataren de conformar unha banda anovadora no panorama musical do país.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto