Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock O Sonoro Maxín

Buscar no Cartafol:

O Sonoro Maxín Featured

Banda que nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá ou Cinnamon Gum.
Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega -e parte da portuguesa- con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con moitos grupos galegos e internacionais. Despois de traballar un directo que os colocou entre o mellor da música galega ao vivo, no 2012 sacan o seu primeiro traballo, a onda sonora (chega do interior), producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.



Descarga A Onda Sonora + 3 Remixes


A onda sonora (2012)

TemaEscoitar duración
e

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto