Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Collón de Lola

Buscar no Cartafol:

Collón de Lola Featured

Abrumados ao darse de conta de que todo tempo pasado foi mellor e, sobre todo, pasado, é dicir que xamais volverá, lonxe de intentar deixalo todo atrás e mirar cara a adiante, 6 collóns procedentes de diferentes lugares de Galicia, como Ferrol, Tui, Santiago, Pontevedra e ata Francia ou Polonia, decidiron embarcarse na búsqueda do limbo onde o bocata de nocilla, o rock´n´roll e as series de televisión son os protagonistas. Aqueles tempos nos que soamente tiñas que te preocupar de a qué nivel de superguerreiro chegaría Songoku ou se Crilín conseguiría ao fin reunir a valentía para meterlle ficha a c18.
Os compoñentes, Martin Kuperberg “Kuper” (Guitarra), Alberto Quintía “Quinti” (Baixo), Iago Sayáns “Peteiro” (Trompeta), Adrián Salgado “Pichi” ou “Loca”(Batería), Jacobo Roselló “Pupi” (Voz), e Raúl do Metal “Mazinger” (Voz), son xente con influencias musicais moi diversas (Rock, Death Metal, Crossover, Rumba, Leticia Sabater...) pero que teñen en común unha única relixión: o Xabarín Club.
Dende o ano 2011 COLLÓN DE LOLA levou o seu espectáculo por toda Galicia, tocando en lugares como Ribeira, Arbo, Santiago de Compostela, Tui, Ferrol, A Guarda, Tomiño, Pontevedra, Redondela ou A Coruña.
O que este grupo busca e dar a entender á xente que NON hai futuro, e que o que temos que facer é recordar sen parar a través da música para que o tránsito ata o irrevocable final sexa máis agradable!
E tí, ¿Xa es do clube? A.F.I.L.I.A.T.E.!

Accede ás descargas de Collón de Lola


Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto