Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Astarot

Buscar no Cartafol:

Astarot

Grupo de rock de Cangas, que despois dunha longa traxectoria no mundo do heavy, encamiñou o seu traballo cara á música tradicional galega. Colaboraron na Sinfonía Céltica que Milladoiro compuxo co gallo do 75º aniversario do Celta de Vigo e despois gravaron O sentir dunha terra, (Discmedi, 2000), disco onde versionan grandes clásicos da música galega arroupados por nomes coma Susana Seivane, Mini da Quenlla ou Suso Vaamonde. O disco chegou a ter certa repercusión e permitiu o grupo mudar os seus escenarios habituais por outros estraños para eles: romarías populares ou festas gastronómicas variadas, onde amosaron unha boa conexión cun público pouco afeito aos sons roqueiros.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto