Home Cartafol Rock Familia Caamagno

Familia Caamagno Featured

Dende a Galiza máis profunda e remota chega a Familia Caamagno disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran. 

Deste xeito se presentaba alá polo 2011 a Familia Caamagno, unha banda nada en Sigüeiro e que apostou desde o comezo polo rock e o garage.

No ano 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, o primeiro deles de título homónimo, Familia Caamagno, e o segundo un sinxelo con 2 temas, Cantan polo Nadal!. A gravación destes dous traballos foi rexistrada ao vivo por Tomás Ageitos e a masterización correu a cargo do Doutor Chou. Remataron este ano de maneira triunfal levando o primeiro premio no Concurso de bandas da Deputación da Coruña.

No ano 2014 publicaron o disco Hai que andar cos tempos!, gravado en setembro de 2013 nos estudios analóxicos Circo Perrotti de Xixón. Neste disco combinan cinco traballo propios, entre o pop dalgunhas cancións e o rock'n'rol bailábel doutras, e a adaptación da canción "Poison Ivy" de The Coasters. O proceso de gravación foi dirixido por Jorge Explosión e editado pola discográfica compostelá Lixo Urbano en formato de disco compacto e vinilo de 12”.

O proceso de gravación nos estudios Circo Perrotti, con produción, gravación, mestura e masterización por Jorge Explosión repetiríase exactamente 2 anos despois, setembro de 2015, para Para unha vez que saímos, que sae á luz no 2016.

O 8 de abril de 2019 van publicar o seu novo traballo, Había que intentalo, de novo gravado por Jorge Explosión en Circo Perrotti.


Compoñentes

Toni Caamagno: Batería e coros

Lano Caamagno: Guitarra

Francesco Caamagno: Guitarra e coros

Jess Caamagno: Guitarra

Manuele Caamagno: Voz e saxofón


Contacto

facebook


Ao vivo no Revenidas 2015 + Entrevista



FAMILIA CAAMAGNO (Outubro 2012)



FAMILIA CAAMAGNO CANTAN POLO NADAL! (Decembro 2012)



HAI QUE ANDAR COS TEMPOS! (Febreiro 2014)



PARA UNHA VEZ QUE SAÍMOS! (Marzo 2016)



Images (3)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto