Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Ergom

Comarca
Páxina web
Teléfono
661080975
Video
En activo
si

Banda ourensá nada no 2002 pero que non publicou o seu primeiro LP até o 2010, Fronkiria, gravado nos estudios Mafia Records do Carballiño e autoeditado pola banda. A súa é música de fusión, con raigame na tradición pero sen medo a experimentar coas novas sonoridades, nomeadamente co rock e mais o funk, o que os leva a artellar un son moi particular, que lembra nalgún recanto dos seus temas aos históricos Papaqueixos. Catro anos despois da súa primeira incursión nuns estudios, -en 2006, para gravar a maqueta Anoitecer, con Pedro Feijoo nos estudios Muu! de Vigo, traballo que non tivo nin de lonxe a repercusión que tivo o seu álbum de estrea-, os Ergom volven para levar ao disco o estilo Fronky, -folc, rock, funky-, e o universo dual no que din estar inmersos. Unha dualidade omnipresente: Realidade-Fantasía, Tecnoloxía-Artesanía, pola que navegan curiosos os integrantes da banda e que quizais lles sirva de válvula de escape da monotonía do universo virtual en que nos encerran. Ración dupla, posta dual dunha banda instrumental composta por Santi Rodríguez na gaita solista e o whistle;  David Nóvoa nas guitarras eléctrica e acústica, flauta e whistle; David Blanco no piano e nos teclados; Lorena Negreira na batería e percusións e mais Alberto Godoy no baixo eléctrico.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto