Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Loretta Martin

Dende un bar de Compostela até unha praia de Laxe, dende os Beatles ao funk, -pasando por Nirvana e facendo unha boa parada na música brasileira-, non se pode saber se a doce Loretta Martin voltará de vez, tampouco se seguirá os consellos das súas amigas, mais o que é seguro é que estes tres mozos da Coruña veñen de lle dar unha boa sacudida ao panorama musical do país ao socairo do funk ledo que manufacturan baixo o nome da amiga de Jojo. Após de se estrear cun EP autoeditado no 2005 e de mudanzas nunha formación que chegou ao sexteto para ficar reducida a tres compoñentes despois da saída de Ion Romero, Loretta Martin gravou durante o ano 2006 Paraíso distante, (Falcatruada, 2007), -onde aínda participa a guitarra de Romero-, un funkeirazo con raigames no rock e pólas que chegan rabuñar no hip-hop e na música do Brasil. A cantar en galego, inglés, portugués e todo aquilo que lle acaia ben ao ritmo das súas cancións, destaca o emprego que fan do noso idioma nas pezas máis funk do disco, onde amplian as súas posibilidades fonéticas e rítmicas para amosar un resultado que sorprende, que identifica plenamente a sonoridade da banda e que lle debe moito ao traballo do vocalista Brais Morán, autor da meirande parte das letras e das melodías, agás De repente, con letra de Vinícius de Morais. Cómpre salientar o traballo dunha base rítmica achegada por Iago Otero, baterista, e Fran Sanz, baixista, sobre a que se van desenvolvendo ritmos moi bailables onde a guitarra, as percusións, por veces os instrumentos de vento, ensarillan melodías alegres.


Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto