Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Fame neghra

Buscar no Cartafol:

Fame neghra

Comarca
Video
En activo
non

A comezos dos 90, Compostela viviu unha eclosión de bandas de hardcore, con grupos como Mol, Dirty barriguitas, Irmandiños ou os propios Fame Neghra. Banda cun compromiso político evidente nas súas letras, gravoudúas maquetas e posteriormente dous ep's, a súa estrea en solitario Benvidos a Famelandia, (Potencial H.C./Trevoada, 1992) e un outro compartido con Dirty Barriguitas un ano despois, tamén para Trevoada. No 98 sacaron o seu único disco, O neno carburador, (Lixo Urbano, 1998), onde o seu son se aproxima máis ao punk, despois da incorporación de Martinho, -Martin Wu, trompeta e guitarra-, ao trío de batería, Ramón, guitarra, Ález e baixo e voz, Suso. Un par de anos despois o grupo desapareceu e varios dos seus integrantes pasaron a formar parte de Samesugas.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto