Home Cartafol Rock Guezos

Guezos Featured

Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema "A das Festas" o máis votado no concurso da RTVG "A Polo Ghit".

No 2009 saca novo traballo, "Oito destinos", co que consolida a súa traxectori. Este traballo de Guezos, foi gravado nos Estudios Mu! de Vigo coa producción de Pedro Feijoó na Primavera de 2009. Cada unha das oito cancións que compoñen o disco é unha viaxe musical distinta. Coñecemos o punto de partida pero nunca o de chegada, que será sempre unha sorpresa sonora. Oito destinos tamén é o traballo de oito persoas altamente implicadas durante máis dun ano de composición, ensaio e gravación.


Guezos a finais de 2014

- Adrián Beiroa - Voz principal, guit. acústica.
- David Quintas - Guitarra eléctrica, guit. acústica.
- Modesto Cid - Gaita, whistle.
- Xabier domínguez - Gaita, whistle.
- Francisco Díaz - Batería.
- Roberto Reboiro - Baixo.
- Anxo Fernández - Coros, teclados, acordeón


ENTREVISTA EN REVENIDAS 2012



Accede ás descargas de Guezos


Escoita Oito Destinos (2009)

EscoitaNameCanciónTamaño Duración
downloadGuezada 69
(Guezos)

4.8 MB3:30 min
downloadA Esmorga
(Guezos)

5.6 MB4:04 min
downloadAcciуn-Reacciуn
(Guezos)

7.5 MB5:26 min
downloadIdentidade
(Guezos)

6.4 MB4:37 min
downloadTodo Perfecto
(Guezos)

7.6 MB5:33 min
downloadVals do Regueiro
(Guezos)

6.9 MB4:59 min
downloadAmodo
(Guezos)

7.2 MB5:13 min
downloadBenvida a Terradentro
(Guezos)

1.4 MB0:59 min
downloadTerradentro (2009)
(Guezos)

7.8 MB5:40 min
e



Novas Relacionadas:
Images (2)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto