Home Cartafol Rock Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus Featured

Banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90, a súa estrea foi na festa da Dorna de Ribeira do 1992, que logo colleitou un grande suceso, xa desde o lanzamento do seu primeiro disco, A Cuadrilla de Pepa a Loba, (Xurelo Roxo, 1994). Este éxito que ten moito que ver coa aparente facilidade coa que fusionan o rock anglosaxón da década de 1970 no musical cunhas letras e un xeito de falar e de dicir as cousas que lles son moi próximos aos seareiros.

A banda compúñana un grupo de cinco rapaces: Tuchiño (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), Javi Maneiro (O fillo da Necha), (voz), Francisco Velo (O Jran Fran), (baixo), e Avelino, (batería). Posteriormente Avelino marcharía e deixaría paso a Medín, o batería que máis tempo estivo co grupo. Tamén deixaron a súa pegada nos Heredeiros Marcos Otero e Pedro Rodríguez-Trelles.

Despois do éxito acadado co disco de estrea, pasaron a publicar os seus traballos con BOA Music. Está que te cajas!!, Criatura, Erecsiones munisipales,...até a saída de Chicarrón no 2004.

Despois de se separar en 2005, a banda volveu aos escenarios nun histórico concerto en Ordes diante de 3 500 persoas o 3 de marzo de 2012. Publicou no 2013 un disco con novos temas Jard Rock con fe, para o que entrou na batería Manu Rey.

Tras este longa duración apenas publicaron un sinxelo no 2015, o que non lles impediu seguir a ser unha das bandas que más xente arrastra no verán festivaleiro galego.


Ao vivo no Armadiña Rock do 2017. Foto: Xabicas @ Armadiña Rock


JARD ROCK CON FE (Abril 2013)

Buscando a Superfama (Maio 2015)

Novas Relacionadas:
Images (2)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto