Home Cartafol Rock Os Bar Ban Sónicos

Os Bar Ban Sónicos Featured

Os Bar Ban Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal, A Barbanza, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería. Nos seus inicios o seu repertorio estaba formado por clásicos do garaxe dos `60 e o punk rock. Concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo a ao onanismo instrumental.



Pouco a pouco foron compoñendo cancións propias na que mesturan esas dúas escenas musicais irmáns e nas que o uso do noso idioma propio é sinal de identidade. Ao mesmo tempo adaptan ao galego algúns dos temas clásicos que formaban parte do seu primeiro repertorio.

Após actuar en festivais e locais da comarca da Barbanza e asentar un repertorio xa suficientemente amplo, pasan polos estudo ALU de Rianxo para gravar catro dos seus temas propios: “Ven con nós”, “Trece anos”, “Xa non pode parar” e “Sentirme ben”, na que é a súa primeira maqueta: [Demo 2019] e pechan diversos concertos para os meses de outubro, novembro e decembro do 2019 nunha xira coa que pretenden dar a coñecer esta súa primeira gravación por toda Galiza. Así xa pasaron por Ribeira, Ferrol, Compostela, Boiro, A Coruña e Ourense e finalizan a xira cun concerto en Melide o 25 de xaneiro de 2020. A continuación entran a gravar o que será o seu primeiro álbum que sairá no outono do ano 2020.


DEMO 2019


Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto