Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Camarada Nimoy

Buscar no Cartafol:

Camarada Nimoy Featured

Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles.
O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin.
Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.
Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público. O grupo Camarada Nimoy bota a andar o venres 10 de febreiro do 2012 na sala Playmovil de Vigo tendo como camaradas de escenario aos músicos da banda mexicana Twin Tones.

Descarga Camarada Nimoy


Camarada Nimoy (2012)

TemaEscoitar duración
Tacoma Bridge
(Camarada Nimoy)

3:12 min
Teleférico
(Camarada Nimoy)

3:18 min
Espía 2.0
(Camarada Nimoy)

4:00 min
Interferencias no microondas
(Camarada Nimoy)

2:12 min
e

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto