Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Os Cempés

Buscar no Cartafol:

Os Cempés

Grupo de Ferrolterra que fixeron a súa estrea discográfica en 1996, co disco gravado ao vivo Opa iii, (Do Fol, 1996), malia debutar coma formación catro anos antes nun festival benéfico realizado na vila de Cedeira. A curiosidade de realizar o seu primeiro disco con material gravado en directo xa permite albiscar a importancia que esta faceta tiña no grupo, que se ten consolidado nos últimos dez anos entre os mellores, senón o mellor, directos da música galega. Parte importante desta conexión que os ferroláns consiguen doadamente co público recae no espírito choqueiro de Serxio Ces, encargado de levar o concerto e ir presentando os temas, personaxe que sempre argalla unha ocorrencia coa que facer rir o espectador. De todos os xeitos, non se pode menosprezar a calidade e importancia dos traballos en estudo do grupo, que comezaron con Capitán re, (Do Fol, 1997), ao que seguiu Circo Montecuruto, (Do Fol, 2000). Despois desta primeira etapa, onde Os Cempés foron engadindo aos poucos instrumentos, zanfona, saxofón,..., á instrumentación tradicional inicial, e que rematou coa ambiciosa xira do Circo Montecuruto, que incluía malabares e marionetas na presentación en directo, o grupo mudou a súa formación, coa marcha dos percusionistas Beto Niebla, que se enrolou na banda de Susana Seivane, e Pablo Ces e a incorporación do baterista Tony D’arco e o baixista Óscar Painceiras, trocos que trouxeron unha modificación tamén da proposta sonora d’Os Cempés, electrificada e moito máis próxima ao rock. A formación actual do grupo mudou o batería, coa entrada de Jose Piñeiro, e engadiu guitarra eléctrica, Cabe García. Esta nova xeira fica reflectida en Moe a moa, (Madame Mir, 2003), novo traballo ao vivo gravado en Vigo onde o grupo amosa a súa nova sonoridade. No 2005 editaron unha compilación coas mellores pezas da súa traxectoria máis un tema extra: “A Carolina TV”, versión do clásico galego. Este novo disco só se vendeu nos concertos da banda e foi editado polo selo Nakra.

A finais de 2007, cun concerto na praza Amboage de Ferrol o 22 de decembro, Os Cempés deron un adeus que se transformou nun deica logo no ano 2011, no que volveron aos escenarios. En 2012, reaiizaron unha exitosa campaña de micromecenado, grazas á cal gravaron un novo traballo, Tentemozo, en colaboración coa Escola Livre da Música Popular Galega

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto