Axenda

Xosé Constenla
quinta feira 23 marzo 2017
Vistas : 178

Xosé Constenla participa no SantiAutor 2017 acompañado pola súa banda composta por Javier Constenla no teclado, Pablo Pérez Sanmamed no fretless e Rober Vázquez na batería.

No concerto presentará as cancións do seu último traballo#ViradaPorAvante e fará repaso de temas de discos anteriores.

Ademais, haberá sorpresas en forma de "artistas convidados", así como cancións inéditas, de nova autoría.

Unha fantástica ocasión (e unha das poucas) para escoitar as súas cancións coa banda ao completo!!!

Queda un día!!! Mañá, xoves 23 de marzo, estaremos combatindo o frío no SantiAutor e para iso contaremos con Rober Vázquez na batería, Pablo Pérez Sanmamed no fretless e Javier Constenla no teclado!!!
Ademais, Leo Arremecághona e Roberto F. Sobrado axudarán a poñer a guinda "cantauperra" ao concerto...ídelo perder??
Cancións de #ViradaPorAvante, algunhas anteriores e unha pequena mostra do que está por chegar!!!
Animádevos e...se ten que chover...que neve!!! (como diría o meu admirado Litus!!!)

Lugar: Sónar Pub - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.