Axenda

Milesios
sábado 01 abril 2017
Vistas : 134

O vindeiro 1 de abril, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, ás 20 horas, contaremos coa presenza do grupo de música folc Milesios, que nos presentará o seu novo traballo que leva por título Indoevindo.

O traballo, inspirado nas viaxes do cotián, continúa a explorar as relacións entre a música galega e a música irlandesa con pezas que beben de ambas as tradicións e outras de composición propia.

Milesios leva xa sete anos polos cenarios de toda Galiza, compartindo cartaz con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque, entre outros.

Nunha das pezas deste traballo poñenlle música ao poema Anceio, pertencente ao libro Advento de Manuel María.

O prezo do billete para presenciar o concerto é de 5 euros e pódese reservar no seguinte correo electrónico, contacto@casamuseomanuelmaria.gal, ou chamando ao teléfono 698177621.

Lugar: Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.