Axenda

Modulador de Ondas
cuarta feira 22 marzo 2017
Vistas : 103

Modulador de Ondas en concerto!
Modulador de Ondas é o proxecto musical e visual dun músico que leva ao directo un repertorio de temas propios utilizando únicamente dous instrumentos: theremin e guitarra eléctrica. Unha inusual combinación posto que se contan cos dedos da man os intérpretes deste intrumento electrónico soviético de principios de século na península (non hai ningún en Galicia).
O theremin é o único instrumento que se toca sen tocar, ten dúas antenas e dun xeito case máxico o músico move as mans dentro do seu radio de acción para modular o son. Esta poderosa combinación guitarra-theremin poténciase co uso de loop stations que permiten facer música a base de capas de son. É en conxunto unha suxerente proposta que se completa a través de imaxes proxectadas, non como un ornamento se non como parte da linguaxe da intervención.

Desde que arrancou o ano, MdO leva ofrecendo concertos, obradoiros de theremin, interpretando co cine de Hitchcock unha banda sonora propia en directo por toda Galicia. Na cidade de Vigo non deu ningún concerto no 2017. O lugar escollido nesta ocasión será La Casa de Arriba, un local acolledor, familar e cunhas condicións acústicas boísimas.

Entrada 5€ (inclúe Mahou)
hora: 21:00

Lugar: La Casa de Arriba - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.