Axenda

Talabarte
sexta feira 07 abril 2017
Vistas : 166

Tras anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden 
poñer a andar seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola 
madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na 
súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo, gastronomía...

que


Eles son Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico. Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto, Marful, ou prestixiosos músicos coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown.  Teñen tocado tamén con Susana Seivane, Uxía, Leilía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní, ...

Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, colectan grandes eloxios de crítica e público levando a súa música por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Portugal, Serbia… No mes de novembro pasado presentaron o seu novo traballo "Fake".

Os seus concertos teñen risco, 
improvisación e contundencia. Un grupo que non deixa a ninguén indiferente e mantén en movemento a alma e os pés.

cando e onde
Venres 7 abril 201720:30 Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347
prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443


Lugar: Teatro Principal - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.