Axenda

Talabarte
sábado 01 abril 2017
Vistas : 160

TALABARTE presenta o seu novo proxecto Fake no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 1 de abril ás 21.00 horas.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón
diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin Garcí. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto adobiado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Estes músicos ofrécennos contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin deixar indiferentes os sentidos.

As entradas poden adquirirse do seguinte xeito:

5 € en venda anticipada na Cafetería Castelao e na Cafetería Toffe.
7 € na billeteira do auditorio o propio día do concerto (apertura da unha hora antes do comezo do concerto)

Reservas en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no teléfono 981 582 836
Concello de Rianxo Culturactiva Scg

Lugar: Auditorio Municipal - Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.