Axenda

Pantis + Señor Anido
sábado 25 marzo 2017
Vistas : 120

Prenom presenta a Señor Anido e Pantis por primeira vez xuntos en Ferrol. Non podía haber lugar máis arriscado para acollelos que o Manchita Cosa, polo que a mestura, pode ser desbordante.

Rafa Anido (Jiménez del Oso, Jiménez Los Santos, Travesti Afgano, Metralletas Lecheras...) estará debullando paisaxes do seu novísimo álbum "Señor Anido 18", unha obra totémica onde se dan cabida o pop, o minimalismo, o punk e o garage sen sentirse incómodos. Como dixo Cibrán Tenreiro, un disco improbable, polo tanto, necesario.

http://www.sranido.bandcamp.com/

Pantis leva un ano suando "Pranto", o seu primeiro álbum. O proxecto persoal de Rubén Domínguez (Telephones Rouges, Metralletas Lecheras, Chicharrón) soa a misterio e intimismo. Non hai grandes baladas pero si momentos esquizoides, intensidade emocional e repeticións sumerxidas no Océano Atlántico, que devolve á praia, aquilo que cuspimos. Kraut, post-punk, electrónica poden ser algunhas etiquetas, pero todas son demasiado epidérmicas para expresar o que hai dentro.

http://www.pantis.bandcamp.com/

Entrada: 3€

Lugar: Manchita Cosa - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.