Axenda

Canta o Cuco
cuarta feira 19 abril 2017, 08:00 - 17:00
Vistas : 111

Canta o cuco

O poeta-labrego da Terra Chá desde a ollada de dous experimentados creadores vinculados á música infantil.



Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI, con moitas posibilidades de acompañar o traballo con unidades didácticas onde a transversalidade incide directamente en varias materias: música, literatura, lingua, historia, coñecemento do medio, debuxo, etc.



Unha globalidade de ritmos e estilos musicais para vestir os versos de Manuel María que abrangue desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano.

Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nen@s As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola así como tamén de Terra Chá e Os lonxes do solpor. A isto hai que engadir, ademais, unha creación propia de Magín e Uxía: ‘Todo me fala de ti’, canción na que dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade. Nos poemas recitados procúrase dar unha visión máis xeral dos temas que el vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade.



O título: “CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confi anza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma, a música das esferas”. Como contrapunto, aparecen os poemas de As rúas do vento ceibe que nos achega ao mundo urbano resaltando os seus valores mais sen deixar de cuestionar as súas eivas.
O espectáculo

O espectáculo consistirá na interpretación das cancións a cargo das mesmas persoas que participaron na composición e na gravación, Uxía & Magín, Santi Cribeiro e Guillerme Fernández. 



A proposta sosténse nun formato musico-teatral dirixida por Inacio Vilariño, director da compañía de teatro Fantoches Baj. 



Trátase dun espectáculo multidisciplinar onde se mesturan diferentes técnicas escénicas, manipulación de obxectos, títeres, música e traballo actoral. Todo esto conxugado co deseño e ilustracións do prestixioso pintor de Narón, Leandro Lamas que nesta ocasión achéganos ao imaxinario de Manuel María.

Prezos:
Abonados: 6,65€
Público Xeral: 9,50€
Tarifa reducida: 6,65€ (desempregados, Carné Xove ou de estudiante (ata 25 anos)
Menores de 14 anos: 5,50€

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.