Axenda

Ton Risco e Ratko Zjaca
quinta feira 20 abril 2017
Vistas : 116

Ratko Zjaca - Ton Risco, guitarra/ vibráfono

A colaboración entre dous destacados artistas e unha inusual combinación de guitarra e vibráfono ten un resultado contundente en termos de son e arranxos. O concepto rítmico, as texturas e o espazo toman un cariz singular propio de unha formación de mínimos. A forza das composicións orixinais, a combinación do son acústico e eléctrico e a paixón de ambos músicos xestan un tipo de concerto accesible a todo tipo de público e sen precedente nas nosas terras.



www.ratkozjaca.com
www.tonrisco.com

Lugar: Monk Blues Cóctel Bar - Vigo