Concerto-presentación do novo álbum e xira de RAIBA "MARXINACIÓN".
Este ano queremos superarnos. Tivemos a inmensa fortuna de ser finalistas dos Premios Martín Codax da Música. Para nós xa é un premio estar aí e queremos festexalo por todo o alto.
Estamos preparando un show especial nunha noite na que tamén actuarán PITO DE PIKASSO e os ESQUÍOS. A festa está asegurada.
As entradas son a 6 € anticipada ou a 9 € na billeteira.
Apertura de portas 20:30h. Comezo ás 21:00h