Axenda

Emilio José
sexta feira 12 maio 2017
Vistas : 155

Tentar abarcar, falar, opinar de Emilio José é unha actividade superflua, unha boutade.

Emilio José é nada e todo: un músico ermitaño que saca un disco con tres decenas de cancións pop por dicir algo - Agricultura Livre - despois de varios anos de aparente letargo, desaparece uns meses e volve cun album de rap en clave futurista e política - Nativos Dixitais-.

Un iconoclasta que renuncia á imaxe e un filósofo que renuncia á filosofía.

Un -xa- mito inabarcable da música independente con todas as letras, a xoia agochada dunha xeración de artistas que ten na xente coma el o seu maior expoñente. Temos toda a vida para analizar a súa obra, pero só esta data para poder gozar o misterio en vida!

Podes comezar a tentar abarcalo: https://emiliojose.bandcamp.com/

Pandoé é o proxecto de Ángel Pardal e acaba de publicar o seu segundo disco "Coriqui", onde exhibe unha brillante gama de colorido electrónico, ensoñador e enérxico.

https://pandoe.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=hZYthsVy5WE

Para nós é unha honra que nos visiten o próximo 12 de maio. Acude co espírito e a mente abertas, ven! Por entre 5 e 8€ de donativo para os artistas, a eternidade.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.