O próximo xoves teremos connosco dende o País Vasco francés á xente de Willis Drummond presentando o seu último álbum "Tábula Rasa" co seu rock alternativo que non creo que deixe a ninguén sen moverse. Xa estiveron outros anos na cidade e cada vez triunfan máis, non desaproveitedes a oportunidade. ;)
https://willisdrummond.bandcamp.com/
Tamén tocarán os Crú, grupo de metal dende Carral con influencias que van dende o rock, ó stoner ou hardcore entre outros estilos.
https://crugz.bandcamp.com/releases