21h30 en Parque A Xunqueira, Vilagarcía. Entrada libre. Sábado 20 maio 2017
Martín Sanjurjo (Saraibas,Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Balakandra, Leixaprén) unen forzas neste novo proxecto para ofrecer un amplo e variado repertorio
Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase Opoñerse á extinción e estará na rúa o 2 de decembro con once temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.
Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha SES que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de medrar.