Axenda

LXIX Festa da Dorna
From cuarta feira 19 xullo 2017
To segunda feira 24 xullo 2017
Vistas : 2017

MÉRCORES 19 DE XULLO

Día adicado aos osiños de Chechu López.

23.42 h. No caladoiro da Porta do Sol. Comesamos repinicando pandeireta con folk jallejo de calidá o Festival Interséltico da Festa da Dorna, con RIOBÓ (RIOMALO tocan na Puebla a mesma hora, podedes escoller), e sejidamente as pandeiretas de AS TANXUGUEIRAS (as Espáisjerls Jallejas). Ijual que as Espáis de verdá, teñen a unha pandereteira que vai de chandal, unha nejra coma o chapapote e outra xeitosiña, que hasta parese de porsela-na, casada cun futbolista. Ijual que as inclesas pero con mais colorete estilo Carmiña da aldea.

XOVES 20 DE XULLO

12.01 h Actuasión músico-teatral dorneira na Plasa de Vijo a carón do Lusco Fusco e o Balado, co espectáculo MARIÑEIRAS, que é un jrupo de artes essénicas patroneado por Soniña Jarsía que como sabedes é unha artistasa local que pinta, canta, baila, amaestra puljas, fai palancres, remenda aparellos,… de todo un pouco loooo.

13.18 h Sesión Vermú a carjo de Jambas ‘n Rouses no terseiro salón da taberna O Triskel, entre a sala que está debaixo do aparcamento de clientes VIP e a caballerisa do xardín dos aperitivos. Jodechinchos, non vos preocupar que xa vos dan un plano ao entrar no Triskel para que non vos perdades no jarito.

22.02 H. Si vedes que tedes que sortear aljún pastel de bosta polas rúas de Ribeira, non vos asustedes, é porque o jrupo DE VACAS está a piques de comensar o seu conserto na plasa de Vijo. O jrupo está composto por: Tinta, Marela e Morena, acompañados ao busuki por Xovenco.

*** Nota da Orjanisasión: Durante a actuasión non se permitirá dar herba aos músicos; nin da de comer nin da de fumar.

00.19 h Pousa as muletas a un lado, aparca o andador, quita a pulsera do reuma, e vai enjra-sando a prótesis de cadera con movementos “sesys”, como din os vellos, que está a piques de empesar o CONSIERTASO coa volta aos escenarios de TEVRA.

E ao seu remate, poetisas e poetas urbáns de tódolos recunchos do barbansa mediránse na Pelea de Jallos do CONCURSO DE JI JÓ dorneiro. É unha maravilla escoitar o que tal aprenderon estes rapases fumando tomajauks no parque fasendo a jata sin ir á escuela, moito mais que indo a clase. Non saben mais de 200 palabras pero poden disir “le hice el amor a tu madre” de 500 formas diferentes, un auténtico vindeover* (jodechinchos: que llama la atención y no te lo puedes perder).

.

VENRES 21 DE XULLO

14.56 h. Sesión Vermú na terrasa do Abuela Jloria amenisada por CRUSH band, que son un jrupaso que fai versións de tódolos jrupos cantos hai: Orquesta Cheiracapesta, Banda de Música de Lantaño, Airiños da Puebla… É un dos 87 conjuntos nos que está Nando Llon, altamente recomendable porque o fan moi ben, xa de pequeno cando medía un sincuenta tocaba o sonajero en plan llenbé despois de que lle cambiaran o pañal.

17.2h DEJUSTASIÓN DE LARPEIRADAS DA DIÁSPORA, na fonte do Rueiro, pouco máis abaixo do Cúpula. Os asistentes poderán probar dulses típicos doutros países, como: Suflé de chandarme caramelisado do Éufrates con virutas de chocolate, patas de saltamontes jarrapiñadas ou morros de nutria con nata, amenisan: BAILADELA, AIXOLA, TOMA SON, SUTAN, NAJLA SHAMI e @S REXOUBEIRIÑ@S. Colaboran: AJADEA, Xoubiñas Parran-deiras e a comunidade peruana de Ribeira.

22.02 H. Actuasión enriba do fudtrack híbrido entre Selta, Sarasquete e El Bulli de Campo-maior, estasionado diante do Palco de Pedra do dúo MARGA&ALEX, os Pimpinela de Escarabote.

22:16 h. No chirinjito de Pedra Pateira, FESTIVAL DE METAL, non do metal de faser vijas, se non o do género musical loo, cos jrupasos: ASFIRE ,TRIFULKA y CROMER (BETADINE e MERCROMINA tocan na Puebla á misma hora, teloneados por TIRITAS)

Prohibida a entrada aos que veñan ca perrera de menos de duas cuartas, e tamén será oblijatorio levar alomenos media dusia de tatuaxes con referensias satánicas do tipo “I love Lusifer”, “Satán queroche coma un irmán” ou “Belsebú me justas tú”.

23:49 h. DANSIN IN DE SITI polas rúas e plasas de Ribeira. Os millores dilleis da redonda deleitarán cas suas rechamantes mesas de mesclas con mais luses que un puticlú chino, a dorneiros, dorneiras e jodechinchos en diferentes puntos da Novena: Música da de jastar sapatilla, baladas de arrimar sebolleta e os jrandes éxitos dos cochitos de choque…

– DJ Chupas, na Plasa de Pontevedra, con visita oblijatoria ao Noite Lunge.

– Dj Lojoman, na Plasa de Compostela e liña direta a Rúa do Sal, con recarja de chinfrós no Triskel, Abuela Jloria e Bar Plasa. Manuel Peluqueros estará nesta plasa fasendo tupés, trensas fransesas, crestas de jalo, rulos con tramallo na cabesa e permanentes dorneiras a todalas dorneiras e dorneiros que queiran cambiar o lúk.
– DJ Nell, na Plasa de Vijo, respaldado polo Balado, Nuevo Noruejo alí o Fondo e o Lusco Fusco.
– Jallaecia Discomóvil, nas inmediasións da Plasa do Sol mirando pa o leste con marca de boia na terrasa do Niño do Cuco.
– DJ C.T. onda o Ventos e Recoveira,….e tamén alí ao fondo Nuevo Noruejo e Jaleón.

– DJ Mandes e DJ Maminsky de terraseo na Caseira

– Jallaecia Discomóvil. No caladoiro do Jarsía Bayón, con bailes de muiñeira na Jallejiña e no Rompeolas.
– O Jafas, que non é dillei senon poñedor de música, pinchará na terrasa chilau do 7 Pulja-das

 

SÁBADO 22 DE XULLO

11.59 h. Día do Orjullo Jai-teiro. Jaiteiros co peito ao aire con pelambrera al viento e panta-lóns de charol cas cachas ao aire montados en bertolinas, matraquillos e carrosas enxe-bres a ritmo de tractorada lusirán con orjullo a música de jaita polas rúas de Ribeira, coas ajrupasións: Trécola, Arume, Andavía, Abexouros, Amor Ruibal, Papaventos, Bou de Vara, Tahume, Millo Folk, Aloumiño, Escola de Jaitas de Lousame, Escola de Jaitas de Luou, Riparia, Río do Anxo, Jaiteiros de Artes e Os Rexoubeiros. Nin o difuntiño de Fraja xuntou tanta jaiteirada. Coa colaborasión da Asociación ALFAIA coas Requenas ao frente no enja-lanado do tratorado dorneiro.

13:08 h. IV RUTA ESTRELAS MIJELÍN DE TAPAS en máis dunha dusia de fanequeiras autorisadas, este ano a votasión á millor tapa e co taléfano así que modernisate partisipa, entrando no sorteo dun viaxe a Exipto para dúas persoas, probablemente en bus de línea. A cata profesional das taps será levada a cabo por Beatriz Sotelo, que pusue unha Estrela Michelín da dos que fan as rodas, así que esmerádevos cosiñeiros, que non vos ven probar a tapa un calquera. Amenisarán a mañá jastronómica máis de dousentas Jai teiras e Jai Teiros con cadansúa jaita. Haberá mais jaitas ao aire en Ribeira que nas pilículas dos viernes á noite en Telesalnés. Partisipan:

7 Puljadas con Chupa-Chups Mariñeiro con Salmorejo.

A Bodeja con Solomillo con queixo e patacas

A Caseira ca tapa “Carmiña, o concepto é o concepto” A de Anxo, cunha Endibia dorneira A Jallejiña coa Falsa Vieira Dorneira

A Recoveira, Tuétano con navalla ao estilo Berlanga Abuela Jloria Vinoteca terá Dovelas entre Polbo e mexillón O Malecón co Boquerón do Malecón

Bulebar con “Sorpresa de mar” Cafetería Kukúa, Saquiños de chipirón

Capitán Morgan Ovo ecachad@ en del medio de los chichos

Casa Patrón, Bacallao ao Patrón

Ceos coa Chalana

Cocoluche, Baranda do Cocoluche

Nuevo Noruejo cun Mac Noruejo

O Niño do Cuco, Palillos a la mar

O parque de Atrás coa Perla de Sálvora

Pizería D´vicio, pizza dorneira

Retablo, Mexillóns Mariñeiros con Aires dorneiros

Tasca do Barbanza, coa Tosta do Barbansa

Patrosina: Estrella Jalisia

22:13 h. Despois doutro ano mais dando lástima en Eurovisión co tarteira ése que manda-mos alá, que paresía o rubio dos Pecos con permanente, e que cantou peor que un jato atropellado, tócalle ás peñas dorneiras destrosar os tímpanos e sonotones de jodechinchos e demais bicherío que a estas horiñas disfrutan dunha tranquila velada nas fanequeiras autorisadas, pois da comenso o XXVIII SERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA.

DOMINGO 23 DE XULLO

Día adicado Ana Peleteiro, o saltamontes de Fondevila.

13:08 h. Sejunda xornada da IV RUTA ESTRELAS MIJELÍN DE TAPAS, coas mesmas tapas de onte, amenisada cos conjuntos musicais: COMANDO FOUSELLAS, PÁJAROS JAZZ, TRÓPICO DE JRELOS, SUTAN e SONS DE BOIRO. A vanjuardia jastronómica continuará mostrando os camiños da cosiña do futuro: Helado quente, bocadillo de jaseo-sa, pan de millo molecular ou sorbete de mirinda con allada… serán aljunhas das innova-sión deste ano.

14:01 h. Na rúa Alcalá Jaliano, consierto de ANDRÉA AND THE BLACK CATS, a verdá é que son de Deán Pequeno pero cando se chamaban “Andrea e os jatos nejros” non os chamaban nin para ir tocar no Baile dos Jubilados. A Música que fan naveja entre Camela e Pin Floi, pa que vos fajades unha idea.

20.16 h Subida de bólidos á parrilla de Saída do Alto da Mámoa, amenisada pola charanga TRÓPICO DE GRELOS (Os Rage Against The Machine, das charanjas)

22.09 h Na Plasa de Compostela CONSIERTASO de GALIFUNK BRASS, tamén conosi-dos como os Daire Estrais de Frións.

23.07 h Os mais afinados coros dorneiros mediranse na JRAN FINAL DE CANSIÓN DE TASCA no palco do Malicón. Escoitade as melodiosas armonías, carisias vocais e alari-dos operísticos que son capases de realisar os cantores dorneiros, e xa comprenderedes por qué tódolos anos imos a meter verjonsa a Eurovisión.

00:12 h Prepárate para darte un baño de desibelios e bótate uns dansins no Malecón, ao son da COMPAÑIA DO RUÍDO BIJ BAND, un percorrido por tódalas formasión do jrupo riveirense xunto con aljunhas colaborasións de moitos kilates. O consiertaso será retransmitido en streaming para o mundo por interné e contará con realisasión en direto en pantalla de leds de ferrado e medio de jrande.

*** Nota da orjanisasión: O enlase para sejir o consierto en estriminj coljarase unhas horas antes do comenso no feisbú da festa da dorna.

DIA DA DORNA 24 DE XULLO LUNS (FESTIVO LOCAL)

12:02 h. Exposisión de Embarcasións (no consiertodromo do Malecón).

Dende a orjanisasión e pra dar jlamur á proba e se vexa ambiente típico de rejata, aconse-llamos ás tripulasións partisipantes vestiario acorde con este tipo de probas, alomenos de Ricoy para arriba: Camiseros ca bandeira de España bordada, pantalón curto con xireta, calsetíns de rombitos con sapato náutico a xojo, monóculo, reló de bolsillo e peinado cabesa lambida por lencua de vaca.

Amenisan o desfile ata Funtao Blue Beach, Campo de Rejatas de Coroso as charangas O SANTIAJIÑO e a FANFARRIA FURRUXA (os Bitels e os Rolin Estons das charanjas)

15:01 h. Romeria Dorneira onda o ano pasado. Consiertos e MEXILLOADA con jlamur feita jrasias a colaborasión da asosiasión de visiños de Carreira. O mexillón pono Vegalsa, que son os mismos que os do Eroski, que ainda que teñen nome vasco, sonche jallejiños.

***Publisidá: Bótalle un chinfrós no chirinjito dorneiro que e colabora ca festa !!!!

Chirinjito dorneiro: orjanisan Tabeiróns Caralludos e Síjala Raia

15.21 h Despois dos dous minutos de Siesta Dorneira de rijor. Consiertiño de A JRAMOLA JOMINOLA, os Jemeliers de Fondevila, fan así música tipo Parchís pero sin carjar tanto no bombo. É música tipo nana para tranquilisar aos miniños e miniñas. Como dato curioso disirvos que o último disco dos Jramola si o escoitades de atrás para adiante diche a reseta do queique entremesclada con mensaxes satánicas.

17.48 h Consiertaso mariñeiro de MOON CRESTA nun barco mexiolleiro, como fixeron os de Verano Asul no barco de Chanquete cando lle foron romper as tomateiras cas palas pero fora de cala en Coroso. Como os do jrupo non estén acostumbrados ao balanse do barco e non emborquen media dusia de biodraminas xa os estou vendo fasendo os coros e jomitando pola borda, non volo perdades.

21:07 h. Top Secret. A marea dorneira inundará unha vés mais as rúas de Ribeira coas charanjas PONME UN KINTO, ACHICORIA, CHARANJA SGHAE e os TROU-SERGHAS. Non sexas da Puebla* (jodechinchos: caca) e únete á marea do orjullo dornei-ro.

21.52 h. Despois de tomarlle uns chupitos de Sintróm na Jallejiña os nosos maiores tamén poderán vir jastar sapatilla co dúo BLANCA DOBLE no Jarsía Bayón. É jrupo de pasodo-bles e ritmos deses que veñen moi ben si tés osteoporosis ou reuma.

23:11 h. Consierto no Malecón de TRÍO DE ASES.

23.09 h. O mítico jrupo A RODA poñerá banda sonora no Jarsía Bayón, a ritmo dos seus clásicos: O Jato metido nun saco, o Pousa Pousa ou o Miudiño (este último é coma o “Stairway to Heaven” das residensias de vellos).

00:17 h. Consiertaso de cajarse polas patas no Malecón, vintesinco anos despois do seu debú na Dorna volven os fillos pródijos os HEREDEIROS DA CRUS. Recordade aos que non estedes en Ribeira que tanto o consierto de hoxe dos Heredeiros coma o da Com-pañía do Ruido o día 23 poderán sejirse en directo en estriming polo noso canal de yutú. Estade atentos ao noso feisbú onde coljaremos os enlases de retransmisión horas antes do comenso, esto último dijoo de serto eh.

04.85 h Asalto ás fanequeiras.

05.73 h. Entonasión do Miudiño. Echejkds un cantar miudiiiiiiñsssss, miuduiñoasasssss miudiuñousssssssssasmss o queekhdñlv queutraiosoiooooo
euuuuuuuuuu traioowwwoowowowo….

06.007 h. Desmarre do nó e Arriada da Pañoleta

5236#49.947HG8 h. Ídevos deitar diosquevosfixo, desjrasiados

Lugar: Ribeira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.