Axenda

Espiño
quinta feira 08 xuño 2017
Vistas : 227

ESPIÑO
presentación novo disco I
RIQUELA CLUB
Santiago de Compostela
XOVES 8 XUÑO 2017
22.00 (apertura portas 21.00)
6 euros (anticipada) / 8 euros (billeteira)
14 euros (entrada + disco, en Discos Fans)
venda entradas: Riquela, A Reixa Tenda, Discos Fans

ESPIÑO é novo proxecto musical de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ao mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. O músico santiagués amosará a súa faciana máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego. A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada por Alfonso Espiño no baixo e como voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González aos teclados e coros e Curro Marcos á batería. A pesares do pouco tempo transcurrido dende o inicio do grupo, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais do pasado ano, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presenta en rolda de prensa o 1 de xuño. O álbum, producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo, está composto por seis cancións escritas e arranxadas polo propio Espiño, e conta coas colaboracións de Álvaro Crego ás trompetas e trompas e Quim Fariña ós violíns.

Lugar: Sala Riquela - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.