Axenda

17º Ribeira Sacra Festival
From sexta feira 28 xullo 2017
To domingo 30 xullo 2017
Vistas : 809

No 17º Ribeira Sacra Festival a música semella unha excusa, moi boa iso si, para descubrir a Ribeira Sacra. Ou redescubrila con outros ollos / En el 17º Ribeira Sacra Festival la música parece una excusa, muy buena eso sí, para descubrir la Ribeira Sacra. O redescubrirla con otros ojos ;-)

Haberá moita música ao vivo, con The Magic Numbers - Official, Iván Ferreiro, M. Ward, Novedades Carminha, Ángel Stanich, The Wellgreen,Sumrrá, Virginia Maestro, Os Amigos dos Músicos, Germán Díaz, Best Boye PARDO, entre outros. Concertos en adegas, miradoiros, igrexas e tamén no catamarán. Moita delicatessen no 17º Ribeira Sacra Festival.

No festival, que arranca o venres 28 de xullo cun concerto de Pardo no espectacular Miradoiro de Santiorxo, están confirmados artistas internacionais recoñecidos cos últimos fenómenos da escena española, sumando unha importante presenza de artistas galegos. Un dos obxectivos do 17º Ribeira Sacra é ofrecer ás bandas do país un escenario irrepetible para a súa proposta. 

Poderás vivilo de día en Sober e/ou de noite en Monforte. Podes disfrutar das actividades de pago e/ou as gratuítas. As áreas gastronómicas estarán situadas en Bodegas Regina Viarum a mediodía do sábado 29 e domingo 30 e no exterior do Parador De Monforte De Lemos o sábado na noitiña. Dirixidas polo restaurante O Curro da Parra. Terás campismo no centro de Monforte de Lemos, concello no que tamén hai área de autocaravanas e o programa inclúe varias visitas guiadas e roteiros.
Consulta en 17ribeirasacra.com e adquire as túas entradas en Entradas Ataquilla.com

A música soará nas adegas, miradoiros, igrexa, catamarán, etc, durante o día, trasladándose o festival o sábado 29 a partir das oito da tarde ao exterior do Parador de Monforte de Lemos, onde The Magic Numbers -unico concerto en España-, Iván Ferreiro, Novedades Carminha e Los Árboles, protagonizarán o 17º Ribeira Sacra Noite.

Lugar: Ribeira Sacra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.