sábado 17 xuño 2017
Vistas : 159
Un espectáculo divertido, dinámico, para toda a familia, que mestura arte urbana e música!!! Chega ao Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en Ames, o primeiro festival Arte`n` Rúa. Será o sábado 17 de xuño e haberá obradoiros de graffiti, beatbox… a partir das 12 horas e, pola tarde, a partir das 17 horas, estará o Mago Xacobe e os concertos de A Gramola Gominola e Os Tres Tenedores.
- de 12 a 14 horas
- obradoiros de graffiti (para nenos e nenas a partir de 8 anos)
- obradoiros de beatbox (para nenos e nenas a partir de 5 anos)
- obradoiros de danza urbana (para nenos e nenas a partir de 3 anos
- ***para participar é necesario facer a inscrición do 1 ao 14 de xuño de 9 a 14h, chamando ao teléfono 981 535 940
- son obradoiros gratuítos, pero o número de prazas é limitado
- a partir das 17 horas
- Espectáculo multidisciplinar que contará con garffiti, danza urbana, beatbox, ragga, Djs e coa participación do Mago Xacobe
- A Gramola Gominola
- Os Tres Tenedores 17 de xuño | a partir das 12 horas
- Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames) Como chegar
- Entrada gratuita
Lugar: Pazo da Peregrina - Bertamiráns, Ortoño (Ames)