Axenda

A Romaría
domingo 09 xullo 2017
Vistas : 243

Amig@s! O domingo 9 de xullo a partir das 14:00 vinde todas a xantar, aprender, falar, pensar e bailar no que será a Romaría xeitosa, nun lugar cunhas vistas incribles:

ACTIVIDADES: (Monte de San Pedro, Coruña)

14:00 XANTAR popular: Gran paella de produtos de proximidade!
(trae ti tamén algo para compartir, que se vexa que hai aldea)

17:00 SOBREMESA temática: "Historia dos barrios da Coruña"
Voces das veciñas dos barrios próximos
e mentras tanto...XOGOS para peques!

18:30 PALESTRA con Eliseo Fernández Fernández, historiador e autor do libro "A Fuxida do Portiño", (que conta a matanza cometida polo exército e a Garda Civil en 1937 contra persoas ocultas neste Monte de San Pedro)

19:30 PERFORMANCE artística de Lía Pichel Garrido
20:00 CONCERTOS!
-Foliada popular (traede instrumentos!)
-Ponxa Intenso
-Chotokoeu

Vinde a desfrutar dun domingo de Romaría Xeitosa!!

#quesabesdobarrio A Romaría #CulturaDeBarrio
Concellería de Culturas da Coruña Concello da Coruña

Lugar: Monte de San Pedro, Visna (A Coruña)