Axenda

Serán Fin de Curso O Fiadeiro
sábado 01 xullo 2017
Vistas : 203

O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 1 de Xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.
Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 20:00 horas, faremos un pequeno desfile coas prendas feitas polos alumnos de costura durante o curso, así como mostraremos algunha peza de roupa antiga.
Ás 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.
A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 1 de Xullo á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. Chegada a certa hora da noite tamén haberá chocolate para todos os asistentes.
Novo curso
A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado á asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, requinta e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos e moitas actividades mais.
Podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Prégase máxima difusión

Lugar: AAVV de Santa Mariña de Cabral - Cabral (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.