Axenda

2º Gadélica
From sexta feira 28 xullo 2017
To domingo 30 xullo 2017
Vistas : 715

- Segundo Encontro contemporáneo interdisciplinar de arte e cultura vangardista-

Sargadelos será, de novo, o lugar de celebración de Gadélica. A intensa enerxía creadora e transformacionista que aínda irradia a pasada edición sobre o pobo de Cervo, o público de Gadélica, o Concello e a Organización, é clara mostra de que a sinerxia nada o pasado ano quere estenderse e ser no tempo. Este feito tradúcese no esforzo, a vontade e a gratitude que uns ou outros mostramos para que Gadélica sexa unha realidade máxica, atrevida e audaz, unha iniciativa renovadora nun escenario de ilusión, para un público afable, cordial, florido e distinguido.

Gadélica continua sendo un festival libre e colaborativo, con filosofía propia, apoiado polo goberno municipal e organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Cervo: AS ESPALLADORAS.

O festival deste ano conta coas seguintes zonas ou áreas:

Escenario Dance: Templo de baile mergullado nos sons psytrance das mans de artistas de proxección nacional e internacional.

Escenario Local: Ecléctico e vangardista. Propostas e concertos xa confirmados como IGMIG

Museo e artesanía: Talleres de robótica a cargo de VermisLab. Roteiro maker.

Sala Cuántica: Charlas, conferencias e performances

Parking: Estacionamento

Domo: Neste espazo terán lugar diversas actividades (maxia, ioga?)

Deco, iluminación, Malabares, circo, zona de comida, bar local, postos de venda?

Pronto estará dispoñible máis información sobre organización, horarios, artistas confirmados?

Lugar: Sargadelos (Cervo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.