Axenda

VI Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
From sexta feira 07 xullo 2017
To domingo 09 xullo 2017
Vistas : 687

O VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará do 7 ao 9 de xullo nos Pendellos da localidade pontevedresa, contará tamén co Grupo Bico da Balouta e Cantigas e Agarimos, entre outros. Oficios tradicionais, gastronomía e música irán de novo da man nunha cita organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria á que asistiron o ano pasado máis de 8000 visitantes.

Os grupos Galifunk Brass e Radio Cós encabezarán o cartel musical do Corazón da Artesanía. VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará nos Pendellos de Agolada do 7 ao 9 de xullo organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria como un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas.

Así, na xornada inaugural do venres 7, ás 22:30 horas, o grupo Galifunk Brass será os encargado de abrir o programa de concertos que se celebrarán na Praza do Concello de Agolada ao longo dos tres días de duración do evento. Buscando sempre ser orixinais e inspirándose nas brass band americanas, amosarán un repertorio amplo e variado, con arranxos propios e innovadores.

Xa na xornada do sábado, ás 13:00 horas a Banda Municipal de Agolada actuará na sesión vermú e ás 18:00 horas chegará a quenda do pasacalles do Grupo Bico da Balouta, tamén orixinais de Agolada. Será ás 22:30 horas cando chegue a hora de ver no escenario a Radio Cós. Tras nove anos percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional, en Agolada visibilizarán as cancións tradicionais de Galicia, interpretándoas e traéndoas aos nosos días sen renunciar a misturalas con outras tradicións irmás doutras partes do mundo.

Por último, na sesión vermú da xornada do domingo a Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” procedente de Santiago de Compostela actuará establecendo unha interacción moi directa e cercana co público e buscando a súa participación na festa.

O Corazón da Artesanía en Agolada converteuse nestes anos nun espazo de diálogo entre a artesanía, o deseño, a arquitectura e moda, de reflexión sobre o proceso creativo e de novas propostas sobre a interacción da artesanía no desenvolvemento do rural. Oficios tradicionais, gastronomía e música irán de novo da man nunha cita xa consolidada á que asistiron o ano pasado máis de 8000 visitantes.

Lugar: Agolada
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.