Axenda

27 Festival Internacional de Folclore de Narón
sábado 15 xullo 2017
Vistas : 218

O Festival Internacional de Folclore de Narón, forma parte da ampla actividade que o Padroado da Cultura do Concello de Narón realiza no eido da cultura tradicional, potenciando a valorización das manifestacións que conforman a nosa identidade cultural.

Este Festival pretende dar a coñecer á veciñanza de Narón as diferentes manifestacións folclóricas do mundo.

Na 27 edición do Festival Internacional de Folclore contaremos coa participación de:

Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón
Grupo de Baile tradicional “Alxibeira” do Padroado da Cultura do Concello de Narón
Agrupación folklórica- Asociación Cultural Acoidan- Tenerife
Grupo de Danzas e Cantares Rexionais do Orfeão da Feira- Portugal
Kyrenia Youth Center Association- Chipre
Conxunto Artístico Telón Abierto – Cuba

*Entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 2€
+info 981 102 897

Lugar: Pazo da Cultura - Narón
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.