Axenda

Xosé Lois García + Enablers
cuarta feira 19 xullo 2017
Vistas : 267

Enablers ( Brooklyn / San Francisco )

Un dos grupos con máis clase do underground internacional, as marañas de elegantes guitarras de Kevin Robert Thompson e Joe Goldring (Membro de Swans nos noventa) envolven a prosa e poesía de Pete Simonelli, todo elevado pola sofisticada batería de Sam Osvopat. Construíndo unha sólida carreira baseada nos principios do faino ti mesmo dende o 2004, con catro discos ás costas editados en selos coma Neurot (Xestionado polos membros de Neurosis). Similitudes con Slint, Shellac, Singer ou June of 44 poden xurdir, mais Enablers teñen unha persoalidade enorme, difícil de abarcar con comparacións.

Podes escoitar todos os seus discos aquí:
https://enablers.bandcamp.com/

Ou velos en acción:
https://www.youtube.com/watch?v=HfkirFtavyo
https://www.youtube.com/watch?v=ncIcqyLqeXE
https://www.youtube.com/watch?v=kZQqWMyb-NU

Xose Lois García é a guitarra e a composición detrás de Cuchillo de Fuego, presentará novas pezas amparado na guitarra.

Abriremos portas ás 20.30, e o donativo suxerido para os artistas é de 5 a 10 €

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.