Axenda

VI Aniversario Liceo Mutante
From sexta feira 14 xullo 2017
To sábado 15 xullo 2017
Vistas : 456

VI Aniversario do Liceo Mutante
||||||||||||||||||||| 14 e 15 de xullo de 2017 |||||||||||||||||||||

Venres 14 GUERRERA ··· ARIES ··· Urro

Os galegos (de todas as partes do país) Guerrera volven despois de arrasar no Liceo cun dobre concerto que será lembrado polos tempos eternos. Andan presentando o seu disco homónimo aínda que de seguro farán un repasiño da súa lisérxica carreira no noso sexto Aniversario. Historia viva e paralela á nosa!
https://guerrera.bandcamp.com/

A bilbaína Isabel Fernández Reviriego aka ARIES tamén comezou a súa aventura en solitario tralas Charades en paralelo á asociación cuxa supervivencia celebramos. De Bilbao a Madrid e finalmente a Vigo, sede actual dunha traxectoria impecable, curiosa ata o ínfimo detalle, abraiante. Xa vai polo terceiro e isto non para de subir. Bailamos?
https://aries.bandcamp.com/

Cando os mutantes tiñan as súas primeiras reunións non eran conscientes de ter axentes do caos tan válidos entre as súas filas. Os experimentados experimentadores Urro mutan, despistan, refúndanse para cada actuación. Non hai dúas aparicións de Urro idénticas: non queres perder esta, ademais con convidados especiais.
https://archive.org/details/urrourro_gmail_Urro

Sábado 15  Fasenuova ··· Don The TigerLucrecia Dalt ···Serpiente ··· Montclair ·

Os asturianos Fasenuova, a confluencia ética e estética perfecta entre a militancia e a vangarda electrónica, a poesía galvanizante e o pop máis danzante, un proxecto que, tal e como existe neste preciso instante, nunca existiu nin existirá no estado. Podes collelos agora no seu punto álxido, a máxima expresión artística dunha parella que ramifica a súa obra en cada nova entrega.
https://somoshumo.bandcamp.com/album/fasenuova-aullidos-met-licos-lp

Don The TigerLucrecia Dalt
Adrián de Alfonso, vello camarada da experimentación, labrego electrónico do pop escuro e regalador dalgunhas das mellores noites destes seis primeros anos do Liceo, prepara o seu segundo álbum na súa base espacial de Berlín, e dende alí ven da man da colombiana Lucrecia, dama do rock-electrónico-raro-e-abraiante, nunha presentación conxunta única. 
https://donthetigermusica.bandcamp.com/
http://lucreciadalt.tumblr.com/

Hablando se entiende la basca, e a base de riffs incribles e actitude combativa fanse entender as vascas Serpiente, que presentan material no noso Aniversario: unha honra formar parte da historia desta banda que está a dar tanto que falar.
https://www.facebook.com/serpienteband

Montclair · son os representantes do futuro mutante e están a tomar o ceo non por asalto nin por consenso, senón por pureza de espíritu e calidade. Seis xogadores da canteira da escola de David Pajo e Godspeed You! Black Emperor, unha luz abrasadora na escuridade dos tempos que nos tocaron. Fixeron falta seis anos, pero xa están aquí:
https://www.facebook.com/Montclair--473943146041436

No Liceo celebramos no Aniversario a supervivencia que só ten unha motivación: que os artistas digan o que teñen que dicir. E para eles solicitamos un abono de 15€ en total ou 10€ por xornada.

Podes facer a túa reserva na dirección anticipadas.liceomutante@gmail.com (máximo cinco reservas por persoa). 

Ven celebrar a vida con nós!

Se queres escoitar o programa especial de The Mutantables co que anunciamos o cartaz, está aquí: https://goo.gl/2bqP37

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.