Axenda

Brais Morán
domingo 23 xullo 2017
Vistas : 222

Brais Morán leva case 20 anos de traxectoria profesional no mundo da escena musical compoñendo e editando cancións como cantante e guitarrista.
Despóis de ter actuado en varios lugares de Galiza, Portugal e nalgunhas cidades do Estado, ten pasado por televisión, traballado no Teatro, e ven sendo un dos referentes da música galega desta última década.
Neste 2017 abre unha nova etapa de concertos, ben en “formato solitario”(guitarra e voz)ou en “formato banda” acompañado de Marcos Pazo na batería, Fran Sanz no baixo e Manu Seoane nas guitarras.
Ademáis de ser recoñecido como vocalista e guitarrista da referente banda de funk Loretta Martin, actualmente, vén de presentar o seu último traballo "Cruzando o eclipse"(2015), onde voltamos ver e escoitar unha grande parte do seu repertorio que inclúe novas cancións nun espectáculo de Rock cheo de influencias que levan marcando toda a súa traxectoria.
"Cruzando o eclipse" foi gravado nos estudios Abrigueiro da man de Arturo Vaquero e onde pudo contar con Denís Morán, Miguel Queixas e Manu Seoane como banda esencial e coas colaboracións de Belém Tajes, Cláudia Morán e Fran Pérez "Narf", co cal co-produciu o tema "Destino" que abre o disco.

Lugar: Cuerda Floja - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.